O Revenidas presenta a súa oferta cultural alén da música e das sardiñas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Irago

Dende concertos pola ría a bordo dun barco a coñecer a vila da man de Xurxo Souto

06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O festival Revenidas ofrece unha programación que vai máis alá dos concertos e da sardiñada popular.

O domingo, despois de rematar de comer «probablemente as mellores sardiñas do mundo», no propio parque de Doña Concha terá lugar a Gala de Circo Solidaria. Un evento de balde durante o cal os asistentes poderán facer achegas que terán como destino axudar á causa palestina.

Unha das experiencias máis celebradas nos últimos anos foron os Concertos a bordo, pequenos recitais acústicos celebrados a bordo do Chasula, con capacidade máxima para 12 persoas, que poderán gozar da música e das augas da ría mentres degustan produtos típicos galegos. Este ano haberá dous pases, un o sábado e outro o domingo, coa actuación de artistas como Uxía, Dakidarría ou Budiño.

Outra actividade rescatada de edicións previa será o roteiro Redescubre Vilaxoán, dirixido por Xurxo Souto, que dará a coñecer a cultura e a gastronomía da vila o mércores 10 a partir das sete da tarde. A asistencia é de balde ata que se esgoten as prazas.

Finalmente, durante o festival os asistentes poderán experimentar unha cata de viños a cargo de Paco y Lola.