Corenta aprendices pecharon onte a súa formación na capital arousá e no programa formativo en hostelaría da Mancomunidade do Salnés
06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A comarca do Salnés despediu onte os 40 alumnos dos obradoiros de emprego duais Forme 2025, do Concello de Vilagarcía de Arousa, e Hostalaría do Salnés XVI, da Mancomunidade, con presenza nos actos de entrega de diplomas do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, en representación da Administración que achegou o groso do investimento na formación dos aprendices.
No caso de Vilagarcía, o Concello, que investiu 30.000 euros, subliñou o feito de que sete dos 20 alumnos de albanelería e de carpintaría completaron os nove meses de clases e de prácticas cun contrato na man. «Vilagarcía suma hoxe novos expertos ao mercado laboral, nuns sectores que son clave porque teñen unha alta demanda de emprego», declarou o alcalde, Alberto Varela, na entrega de diplomas.
Na décimo sexta edición do Obradoiro de Emprego Hostalaría do Salnés foron dez os alumnos formados en cociña e outros tantos en restauración e bar.