Un estudo sobre política galega e unha guía literaria de Valga gañan o Ferro Couselo

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O traballo seleccionado reflexiona sobre a orixe do rexionalismo conservador galego durante a Transición

31 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O historiador lugués Paulo López Muñoz é o gañador da primeira modalidade do Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo co traballo «As orixes do rexionalismo conservador e centrista galego: Transición e proceso autonómico (1975-1983)», no que analiza o proceso de rexionalización das forzas políticas de centro e dereita xurdidas do aparello administrativo do réxime franquista. López Muñoz afonda en cuestións coma as estratexias, discursos e praxe rexionalista destes partidos, así coma nos conflitos internos e con outras forzas, rastrexando tamén os seus precedentes. Paulo López, que recibirá 4.000 euros, está especializado na historia dos nacionalismos e no estudo das culturas políticas.

En canto á segunda modalidade do premio, o gañador da bolsa de estudos por valor de 3.000 euros foi Enrique Manuel Neira Pereira, de Santiago, coa proposta «Valga nas letras»:. propón creación dunha guía literaria de Valga que reúna referencias a distintos lugares do concello en obras tanto orais coma escritas.