O BNG alerta de que as quendas da Policía Local do Grove poñen en risco a seguridade

Leticia Castro O GROVE / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os nacionalistas advirten de que varias tardes o seu teléfono estivo desviado a un móbil que non respostaba

29 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG vén de denunciar estes días a situación da Policía Local no Grove, que cualifica de alarmante, poñendo o foco en que a escaseza de efectivos está comprometendo a seguridade no municipio arousán.

A preocupación, segundo sinala o seu voceiro, Anselmo Noia, vén provocada pola ausencia da quenda de tarde durante varios días deste mes, máis «polo modo en que o Concello está a xestionar as emerxencias, desviando as chamadas urxentes á Policía Local a un número de teléfono móbil no que salta a caixa de correos de voz en lugar de redirixilas a servizos de emerxencias competentes como 112 ou a Garda Civil». A última tarde na que iso sucedeu foi o día do lume forestal na Siradella, onde a falta de persoal fixo imposible calquera actuación posterior.

Dende o BNG sinalan, ademais, que do Plan de Acción Inmediata posto en marcha polo Concello, «a día de hoxe aínda non se coñecen resultados».