Os Ingleses reclama a exclusión do CRAT da fase final da Copa Galicia por non presentarse a un partido
AROUSA

O cadro herculino tiña gañada xa a súa praza no campo de Fontecarmoa, pero debía disputar unha final para decidir a orde dos postos honoríficos da fase de clasificación
13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Non soe ser o rugbi un deporte polémico, co groso dos seus practicantes afeitos a normas tan estritas como a de non falar co árbitro mais co capitán de cada equipo. O pasado sábado, no campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa, as fases de clasificación para as finais a catro da Copa Galicia de Rugbi Sete transcorreron de feito polos cauces da máis sa das deportividades entre os seis equipos séniores masculinos e os dez sub-16 mixtos que pelexaban por volver ao mesmo escenario o sábado desta semana. Ata que o CRAT acudiu á mesa da organización para comunicar que o seu equipo sénior non xogaría a final dos gañadores dos dous grupos séniores de tres que decidiran os nomes dos clasificados, porque tiñan un partido de rugbi quince pola tarde.
David Lema, técnico de Os Ingleses, informa de que «imos reclamar na Federación por abandono da competición, co apoio de todos os demais equipos». Unha «falta de respecto» que pode deixar o CRAT sen fase final e clasificar o equipo vilagarcián.