Luis López enxalza o movemento veciñal na súa visita a Trabanca-Sardiñeira

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O presidente da Deputación reuniuse coa asociación de mulleres rurais e comprobou como a achega de 7.500 euros do programa Provincia Comunitaria mellorou os seus equipos

07 may 2025 . Actualizado a las 12:23 h.

O movemento veciñal constitúe un factor fundamental para a construción dunha provincia máis integradora. Esta é a mensaxe que este martes trasladou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, ao longo do encontro que mantivo coa Asociación de Mulleres Rurais de Trabanca Sardiñeira. O mandatario provincial, que acodeu a Vilagarcía xunta o deputado Javier Tourís, comprobou en persoa os froitos do programa Provincia Comunitaria. Unha achega de 7.500 euros permitiu a mellora dos equipos do local social que emprega o colectivo vilagarcián.