O CR Mecos suma tres subcampionatos de España de bateis en Castro Urdiales

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Vilaxoán contou coas súas dúas tripulacións séniores nas finais polo título

30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O sur de Arousa presentábase a pasada fin de semana con media ducia de embarcacións clasificadas no Campionato de España de Bateis. Unha cita que o pasado domingo concluía en Castro Urdiales, Cantabria, con cinco das seis tripulacións mencionadas vogando en cadansúa final polo título.

Ningunha delas acabou ondeando a bandeira de campioa, pero tres volveron a casa coa condición de segundo mellor batel da súa categoría. Falamos dos barcos alevín e cadete masculino e xuvenil feminino do CR Mecos; o cadete, a tan só 1,53 segundos do vencedor, Tirán. As infantís do CR Mecos gañaron a final B. Pola súa banda, o batel absoluto feminino e o absoluto masculino do CR Vilaxoán foron cuarto e quinto nas finais polos títulos.