O Concello de Catoira mantén durante a Semana Santa o plan Madruga

La Voz CATOIRA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Trátase de facilitar a conciliación familiar durante o descanso escolar

12 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vai manter activo o plan Madruga durante esta Semana Santa para facilitar a conciliación ás familias viquingas. O servizo abrirase os días 14,15, 16 e 21 e estará dispoñible tanto para as nenas e nenos que habitualmente fan uso del como tamén para novas usuarias que só o precisen nestas vacacións. O goberno local decidiu ampliar o servizo que se presta habitualmente nos días lectivos do curso escolar dada a demanda existente. Unha vez confirmada a disponiblilidade, as prazas mínimas requiridas para afrontar os gastos cubríronse inmediatamente: nestes momentos xa son 12 as rapazas e rapaces inscritos, pero o prazo de admisión segue aberto.

As e os rapaces poderán contar con atención de persoal especializado en horario de nove da mañá a unha da tarde no colexio.