Un Asmubal sen Liranzo por tempo indefinido cébase co pechacancelas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

As de Juan Costas vencen 42-27 ao Fuentes Carrionas, con Eli Méndez anotando unha ducia de goles

21 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Asmubal Meaño cumpriu o pasado sábado co trámite que supoñía a visita ao Pavillón Coirón Dena do pechacancelas do Grupo A da División de Honor Plata Femenina de balonmán. Un Fuentes Carrionas que encaixou unha nova goleada do cadro salieniense, 42-27, logo de perder na primeira volta 24-48 en terras de Palencia.

O choque serviulle ás de Juan Costas máis coma un adestramento e permitiulle ao técnico do Asmubal facer xogar as súas balonmanistas con menos oportunidades ante rivais de primeiro nivel. Tamén para o locemento individual de Eli Méndez, máxima goleadora do partido con 12 tantos, ben secundada por Cárol Ferreira, con 7, e por Sineiro e por Miniño, con 5 cada unha.

Costas volveu ter que competir sen a primeira liña dominicana con pasaporte español Danilza Liranzo, no seu país de orixe desde o 15 de decembro e sen data de regreso definida, ao atoparse tramitando un proceso de reagrupamento familiar para traer os seus a España.

FICHA DO PARTIDO:

INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (42): Uxía Varela, Nadia Vázquez, Raquel Sineiro (5), Sofía Arangio (3), Cárol Ferreira (7), María Currás (1), Agustina Ballada (2), Eli Méndez (12), Laura Miniño (5), Paula Rey (2), Luna Otero (2), Vanesa Domínguez (2) e Shaila Fernández (1).

CDB FUENTES CARRIONAS (27): Luna Vega, Sara Alonso (5), Nuria Rodríguez (2), Míriam Laso (2), Andrea Olea (2), Ana Mostoni (4), Sarra Sioud (8), Yael Herrero, Emma Miguel, Yasira Echevarría (1), María Arribas (1) e Lucía Rodríguez (2). 

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 5-2, 7-4, 11-5, 14-8, 16-11, 21-15 (descanso); 25-17, 29-19, 32-21, 36-23, 38-24 e 42-27 (resultado final).

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Julio Villanueva e Pablo Torreiro. Castigaron con dous minutos a xogadora local Vanesa Domínguez (min 37,41) e a visitante Yael Herrero (min 3,39).