Estrea con derrota do Vilagarcía TM

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Nigeruk sumou os dous únicos puntos ante o Gondomar, con derrotas dos irmáns Pablo e Pedro Castro

10 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Vilagarcía Tenis de Mesa iniciou o domingo a súa participación na Liga de División de Honor 2023/24 do tenis de mesa español. Unha estrea saldada con derrota na casa por 2-4 ante o Gondomar TM/Rosquillas Cristaleiro.

O cadro arousán non pasou dos dous triunfos do veterano Sergiy Nigeruk, que se impuxo 3-0 a Martín González no primeiro emparellamento e a Silvano Monteiro 3-2 para subir o 2-2. Os irmáns Pablo e Pedro Castro Salgado cederon os seus dous duelos.