O Asmubal Meaño gaña en Camargo (24-32) e xa se permite soñar

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Eli Méndez e Cárol Ferreira lideraron, caon 9 goles cada unha, o conxunto galego na súa sexta vitoria en sete partidos

14 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Inelsa Solar Asmubal Meaño regresou o sábado da cancha do Camargo 74 Propenor Repsol coa súa sexta vitoria nas últimas sete xornadas de Liga de División de Honra Prata Feminina: 24-32. Unha bagaxe que, tras amarrar matematicamente a permanencia a semana anterior, fai soñar agora as discípulas de Juan Manuel Costas con que a clasificación para a fase de ascenso é posible. A falta de sete partidos por disputar, o cadro meañés é terceiro a 1 punto do Carballal, que este sábado debe cursar visita ao pavillón de Coirón.

Pese á contundencia do marcador final, o certo é que o Asmubal pagou o seu ímpeto e as súas ganas de comezar a protexer o seu talón de Aquiles, as comparecencias como visitante, indo a remolque no marcador ata os últimos minutos previos ao descanso. Co 17-18 co que se chegou ao parón coma punto de partida, o cadro galego esprintou no derradeiro cuarto de hora liderado con mestría pola súa central Eli Méndez e por Cárol Ferreira desde o pivote, con 9 goles cada unha.

FICHA DO PARTIDO:

CAMARGO 74 (24): Bazovic, Elena San José (5), Marija Femic (5), Cristina Urrutia (2), Aida Gómez (6), María Dolores Limón e Andrea Sainz (1) —septeto titular—; Ana López (3), Candela Diego, Tezanos (2), Sara Gutiérrez, Ortiz, Antón, Mara Domínguez, Cristina García e Irene Pacheco.

 ASMUBAL MEAÑO (32): Lorena Ligero, María Currás, Agustina Ballada (2), Eli Méndez (9), Sofía Arangio (4), Sabela Miniño (4) e Cárol Ferreira (9) —septeto titular—; Lucía Caneda, Andrea Cores (1), Laura Miniño (2) e Vanesa Domínguez (1). 

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-2, 5-5, 8-7, 10-9, 15-13, 17-18 (descanso); 19-21, 21-23, 23-26, 23-28, 23-31 e 24-32.

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Ángeles Madrazo e José C. Soto. Excluíron a Andrea Sainz, Aida Gómez e Cristina García; e a Andrea Cores, Laura Miniño e Vanesa Domínguez.