Desvío do tráfico a partir do luns por obras na praza do Regueiro

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Os condutores encontraranse coa sinalización á altura da Abilleira e o tráfico desviarase pola estrada Agro da Torre

20 ene 2023 . Actualizado a las 16:22 h.

O tráfico rodado no entorno da praza do Regueiro (A Illa) sufrirá a partir de luns unha pequena modificación que consistirá no corte do tramo empedrado, nun trazado á altura do cruce da rúa Charco.

Os condutores encontraranse coa sinalización á altura da Abilleira e o tráfico desviarase pola estrada Agro da Torre, de recente apertura.

O goberno local lamenta as molestias que se poidan causar estes días tanto no Regueiro como na avenida Castelao, en ambos casos derivadas do remate das dúas obras de grande envergadura.