As de Juan Costas foron sempre detrás do seu anfitrión no marcador
17 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Se non é desta, semella difícil pensar cando aprenderán as pupilas de Juan Costas a importancia de minimizar as perdas de balón para rematar con éxito un partido nunha categoría como a División de Honra Prata Feminina. Os incontables regalos feitos polo Inelsa Solar Asmubal Meaño ao seu anfitrión o pasado domingo, o Hand Vall Valladolid, custoulle ao equipo galego a súa sexta derrota da temporada e a súa ancoraxe na sétima praza da clasificación, con 16 puntos.
Nada houbo que dicir da defensa posicional do Asmubal. Por iso resulta tan rechamante ver a falta de reacción das xogadoras meañesas ante a sangría que a súa miopía na circulación do balón lles supoñía no marcador. Sempre a remolque no electrónico, as de Juan Costas puxéronse en varias ocasións un abaixo, pero non deron conseguido darlle a volta á tortilla. Nin co bo facer goleador de Cárol Ferreira no pivote e de Sabela Miniño desde os sete metros, ambas as dúas, con cadanseus 8 goles.
FICHA DO PARTIDO:
HAND VALL VALLADOLID (33): Guayo, Carla Hernández (1), Zangroniz, Lucía Parro (2), Alicia Hernández (4), Colmenero (6), De la Puente, Luelmo (1), Mónica Gutiérrez (5), Cuesta (4), Carla Sánchez (1), Sofía Pérez (3), Valderrama (4), Laura Muñiz, Taboada (1) e Delgado (1).
INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO (30): Lorena Ligero, Cores, Sofía Arangio (4), Elisa Méndez (3), Agustina Ballada (4), Sabela Miniño (2) e Cárol Ferreira (8); María Currás (1), Lucía Caneda, Vera, Laura Miniño (8), Rey e Vanesa Domínguez.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 2-1, 6-5, 9-7, 11-8, 13-10, 16-15 (descanso); 20-18, 22-19, 26-21, 28-24, 31-28 e 33-30.
ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Irene Santos e Kalina Andreeva. Castigaron con 2 minutos as locais Cuesta e Taboada e as visitantes Sabela e Laura Miniño e mais a Vanesa Domínguez.