Terceira vitoria do Asmubal, que se mantén no grupo líder

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Gañou cun 28-25 sobre o pechacancelas, o El Pendo Camargo

11 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Inelsa Solar Asmubal Meaño selou na noite do pasado sábado o seu terceiro triunfo nas catro primeiras xornadas de Liga da División de Honra Prata Feminina do balonmán español. Cun 28-25 sobre o pechacancelas, o El Pendo Camargo, que reflicte a un tempo a superioridade do cadro local sobre o parqué do Pavillón Coirón e a enorme resistencia ofrecida por un cadro cántabro que tras dominar tan só os primeiros cinco minutos de xogo, 1-3, non tirou nunca a toalla, sendo quen de recortar de 6 (21-15) a 2 (22-20) goles a máxima vantaxe meañesa na segunda parte, sostido polas paradas da internacional paraguaia Fátima Ocampos e polos goles da lateral esquerda Carolina Acosta.

Co seu triunfo, o Asmubal manténse no grupo de cabeza do Grupo A empatado co Lanzarote (cun partido menos), co H.V. Valladolid e co Carballal.

?

Lorena Ligero, Andrea Cores (2), Sofía Arangio (1), Eli Méndez (4), Agustina Ballada (3), Cárol Ferreira (8) y Sabela Miniño (2) ?septeto titular—; María Currás (2), Lucía Caneda, Samar, Laura Miniño (4, de penalti), Paula Rey (2) e Vanesa Domínguez.

?

Ocampos, Raquel Vila (3), Carolina Acosta (8), Sara Camacho (4), Sofía Fernández (4), Lydia Novoa (1) e Ainhoa Gil (2) —septeto titular—; Señas, Celia Martínez, Simón (1), Bolado, Blanco (1) e Perales (1).

MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 1-3, 6-5, 10-7, 11-8, 12-11 e 15-12 (descanso); 17-14, 21-15, 22-18, 22-20, 25-21 e 28-25 (final).

ÁRBITROS E EXCLUSIÓNS: Marcos Pérez e Alberto Fernández. Castigaron con dous minutos as xogadoras do Asmubal Andrea Cores (min 5.45), Sofía Arangio (min 28.30) e Vanesa (42.57 e 57.59); e as de El Pendo Ainhoa Gil (min 7.51), Sara Camacho (min 23.50), Lydia Novoa (min 47.22) e Raquel Vila (min 37).