Mexillón de Galicia estará en Conxemar

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

M.MORALEJO

A DOP inclúe este evento na súa campaña de promoción

04 oct 2022 . Actualizado a las 08:15 h.

A DOP Mexillón de Galicia, estará en Conxemar. O consello continúa deste xeito coa ambiciosa estratexia de promoción que está a desenvolver en distintos ámbitos. Conxemar é unha gran oportunidade, din, «para mostrar a un público profesional e internacional os valores que fan de Mexillón de Galicia un selo de referencia no mercado, garante da orixe galega do mexillón e dunha calidade superior, dúas características que lle confiren un valor engadido ao que o consumidor non quere renunciar e tampouco as empresas que comercializan mexillón co noso distintivo».