O espectáculo familiar sobre os Beatles chega a Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

Neves Rodríguez e os seus músicos dirixen un contacontos interactivo para grandes e pequenos, que conclúe coas cancións dos catro de Liverpool

21 abr 2022 . Actualizado a las 10:40 h.

Little Neno descobre... Os Beatles. Este é o espectáculo de contacontos teatralizado para todas as idades que este sábado, 23 de abril, chega ao auditorio de Vilagarcía a partir das seis da tarde. Trátase dunha serie editada por A Reixa que conta con dous libros, dedicados ao cuarteto de Liverpool e aos Rolling Stones, aos que axiña se sumará un terceiro encol de David Bowie.

A narradora, Neves Rodríguez, aparece disfrazada entre o público para facer participar aos máis cativos, que no escenario atoparán unha serie de caixas que irán abrindo. Un xogo de instrucións fará que vaian aparecendo os músicos (Alfonso Espiño, Tato, Carla Green), tamén agochados, que poñerán banda sonora ao conto que relatará Neves. Ao cabo, todos eles interpretarán varias cancións dos Beatles. O espectáculo leva a sinatura de Tareixa Marinez.