Premio para o documental «Resonancias da memoria»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Mónica Ares

A Mostra Internacional de Cine concede o seu premio de público a traballo do Faiado da Memoria

03 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Faiado na Memoria vén de acadar o premio do público na Mostra Internacional de Cine celebrada no Museo do Pobo Galego coa obra Resonancias do pasado, na que se fai un repaso pola historia recente de Vilagarcía. Este traballo foi posible grazas ás películas gravadas en súper 8 que lles entregaron particulares, nas que se reflicten escenas da vida cotiá da Vilagarcía do século XX, en branco e negro e cor.

Así por exemplo, neste traballo documental pode verse a praia de Compostela aínda sen as varas dos parques de cultivo, unha das primeiras edicións do Vilaxoán Canta ou relatos sobre a galerna de 1924 na praia de Santa Lucía.