Farase a limpeza da cuberta e os canalóns, así como o arranxo de filtracións e o tratamento anticorrosivo das súas superficies metálicas. As obras inclúen, melloras nos aseos e a reparación do bordo da dársena de estacionamento
10 sep 2021 . Actualizado a las 11:11 h.A Xunta de Galicia vén de anunciar que levará a cabo actuacións de mellora e de acondicionamento das instalacións da estación de autobuses do Grove. Os traballos, que suporán un investimento de máis de 48.000 euros, foron adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia S.L. (Oviga). Está previsto que a súa execución se inicie ao longo do mes de outubro, co obxectivo de telas rematadas este mesmo ano.
Segundo explica o Goberno galego, as intervencións que se acometerán na estación de autobuses engloban a limpeza da cuberta e os canalóns, así como o arranxo de filtracións e o tratamento anticorrosivo das súas superficies metálicas. As obras inclúen, tamén, melloras nos aseos e a reparación do bordo da dársena de estacionamento dos autobuses, xunto coa instalación dun cartel identificativo.
A estación de autobuses do Grove púxose en servizo en xuño de 2002 e ao longo deste tempo foi obxecto de distintos traballos de actualización e mellora.