Jéssica Bouzas estréase en Grecia con triunfo no W15 Heraklion

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Academia Tenis Ferrer

A vilagarciá superou a primeira rolda do cadro de dobres e hoxe debuta no individual

09 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A tenista vilagarciá Jéssica Bouzas Maneiro abriu onte a súa participación no W15 Heraklion, torneo do circuíto ITF Tennis sobre terra batida que se disputa en Creta, Grecia. Fíxoo no cadro de dobres, como terceira cabeza de serie xunto á tamén española Claudia Hoste, que xa foi a súa parella nos dous torneos precedentes. Con ela superou cun dobre 6-0 as helenas Logotheti e Spyrou, convidadas pola organización do W15 Heraklion.

A alumna da Academia Tenis Ferrer abre a súa participación no cadro individual por vez primeira entre as 600 mellores do ránking WTA ?número 595? e segunda cabeza de serie do torneo grego, ante a helena Martha Matoula, número 1.321 da listaxe da WTA.