Triunfo do Asmubal Meaño ante o pechacancelas clave para a permanencia (28-30)

O cadro de Juan Manuel Costas conseguíu darlle a volta á superioridade do Palencia Turismo na primeira parte cunha grande actuación coral


Vilagarcía / La Voz

O Asmubal Meaño de Juan Manuel Costas conseguiu o pasado sábado gañar a primeira das grandes batallas nas que neste treito final de Liga se xoga a continuidade na División Honor Plata Femenina. Na cancha do pechacancelas, o Palencia Turismo, sen a participación da súa porteira titular, Lorena Ligero, por unha indisposición, moi ben suplida por Mónica Sineiro, o cadro do Salnés levou o gato á auga por un estreito 28-30. Todo un éxito, en tanto non foi ata o minuto 39 de partido no que as de Costas foron quen de poñerse por primeira vez por diante no marcador, posición de privilexio que non abandonarían xa nos dez últimos minutos do choque.

Para o Palencia Turismo, que con só 5 puntos no seu casilleiro di virtualmente adeus á categoría en espera dun recurso ante o TAS contra unha sanción de 2 puntos, este era o seu derradeiro tren. E fíxoo notar. Cunha fortísima defensa en 6-0 que lle deu unha máxima vantaxe de catro goles, 8-4 no minuto 9.48.

Ao Asmubal tocáballe apretar. E fíxoo. Axustando a súa 6-0 foi recuperando terreo, ata chegar ao descanso con 13 iguais. A partir de aí, co técnico meañés conseguindo involucrar a todas as súas xogadoras, o cadro galego comezou a poder correr e engordar o seu marcador con goles ao contragolpe. Cando o cambio de hexemonía se empezou a consolidar, o Palencia tirou de defensa aberta, alternando unha 3-3 cunha 4-2 que deu paso a un intercambio de goles no que o Asmubal se sentíu moi cómodo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Triunfo do Asmubal Meaño ante o pechacancelas clave para a permanencia (28-30)