Un can traba nunha man a un operario de Protección Civil Valga

La Voz VALGA / LA VOZ

AROUSA

VITOR MEJUTO

Desinfectada a ferida, que non tería sido demasiado profunda, o integrante de Protección Civil recibiu un par de inxeccións para evitar calquera complicación derivada de posibles enfermidades

09 mar 2021 . Actualizado a las 05:10 h.

Un voluntario de Protección Civil de Valga tivo que ser atendido a media mañá de onte no centro de saúde da localidade da ferida nunha man que sufriu cando, xunto a outro compañeiro, recollía un can atropelado por un coche no lugar de Beiro.

Unha chamada dun particular alertando do infortunio do animal mobilizou arredor das once da mañá o operativo da agrupación de voluntarios. Os dous homes que tentaron coller o can fixérono con cadanseu xogo de guantes, pero vese cos do ferido estaban máis desgastados, facilitando que os dentes do cánido asustado os traspasaran na súa reacción instintiva ante a situación que estaba a sufrir.

Desinfectada a ferida, que non tería sido demasiado profunda, o integrante de Protección Civil recibiu un par de inxeccións para evitar calquera complicación derivada de posibles enfermidades transmisibles polo can. A media tarde persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación, a CAAN, trasladaron o can ás súas instalacións de Meis.