A senda de Corón, en Vilanova, máis preto da súa licitación

La Voz

AROUSA

Martina Miser

O delegado da Xunta en Pontevedra anuncia que se sacará a concurso esta primavera

03 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou este martes pola mañá, en Vilanova, que a Consellería de Infraestruturas vai sacar a licitación esta primavera a construción da senda peonil de Corón, na estrada autonómica PO-549 ao seu paso polo concello. Así o manifestou o novo delegado territorial nunha visita oficial cursada ao alcalde Gonzalo Durán, quen aproveitou a ocasión para recordarlle outros proxectos -de humanización, de mellora da escola infantil e do centro da terceira idade- que precisan da axuda da Xunta.