Vilanova aproveitará o seu novo obradoiro de emprego para montar un sistema de cámaras de vixilancia
AROUSA
Os 10 alumnos do módulo comezaron onte os seus nove meses de formación
05 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Os 10 alumnos do módulo de Xestión de Redes de Voz e de Datos e Programación e os 10 do módulo de Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes do Obradoiro Dual de Emprego Vista Real VI comezaron onte os seus nove meses de formación. No caso dos aprendices do primeiro módulo, cun encargo do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, compañeiro de mesa da delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, no acto de inaguración.
Máis aló de completar a rede de fibra óptica do concello iniciada polos alumnos da edición anterior do obradoiro e xa practicamente concluída, sinalou Durán, o rexedor di que este ano «queda ver las posibilidades que ofrece de cara a la sociedad el funcionamiento de las redes de datos de alta velocidad». E a súa prioridade é «poder tener cámaras de vigilancia». Unha demanda da cidadanía cada vez maior, asegura Durán, que serviría «no para vigilar a la gente», senón para labores como regular o tráfico, buscar xente maior que poida perderse ou o control do estado medioambiental do municipio, enunciou.