As lendas do Camiño coma nunca chas contaron antes

AROUSA

MONICA IRAGO

Bea Campos, Xurxo Souto e Quico Cadaval traen esta tarde o auditorio outra visión xacobea

15 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19 horas • De balde, reservando en www.woutick.es • Auditorio de Vilagarcía • Hai moito conto e moita lenda e, como todo o mundo sabe, hai xentes e cousas que fan que o conto cambie. Tres grandes da escena galega, Bea Campos, Quico Cadaval e Xurxo Souto, alían hoxe o seu talento para traer ao auditorio municipal Contos no Camiño, unha visión retranqueira sobre o fenómeno xacobeo e o seu rexurdir contemporáneo no noso país, na mellor das tradicións dos relatos orais. Tamén cambiou o conto o coronavirus, xa o saben, que obriga a limitar o aforo a trinta persoas. A función é gratuíta e abonda con reservar en www.woutick.es.