Ribadumia e Choco, un partido que ben pode dar o liderado da Terceira

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Santi M. Amil

O cadro local chega ao choque sen Giráldez, sen Paco e sen Óscar, ademais de con boa parte dos seus compañeiros tocados

25 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Seis son os equipos que completaron a primeira xornada da Liga de Terceira División con vitoria no Subgrupo B de Galicia. Dous deles, C.D. Ribadumia e C.D. Choco, mídense desde as 16.30 horas no céspede da Senra. 

O conxunto local chega á cita mermado fisicamente. Con tres baixas, a de Giráldez, mancado nun xeonllo no partido de acceso á fase previa da Copa do Rei fronte ao Viveiro en San Lázaro, e Paco e Óscar, ambos os dous con problemas nos nocellos. Ademais, sinalaba onte o adestrador aurinegro, Luis Carro, son máis os tocados que os libres de molestias físicas entre os seus 18 homes restantes diante dun Choco do que fala marabillas, e ao que sitúa «pelexando pola zona alta da clasificación, coma sempre». E iso, inda perdendo a pesos pesados coma Vitra e Adrián Rodríguez, hoxe nas filas do Rápido de Bouzas, ou Sergio Santos, reforzo do Alondras este verán.

Na Senra oito meses despois

Cun esquema de dous dianteiros moi profundos, o cadro redondelán obrigará a extremar as gardas defensivas do seu anfitrión, salienta o adestrador aurinegro.

Con todo, o C.D. Ribadumia chega co factor anímico do seu lado. Así, ao feito de estar en disposición de completar o día líder, como o Choco -o cadro do Salnés derrotou 1-2 o Ourense C.F. e o redondelán 2-1 o Rápido de Bouzas na xornada inaugural-, os de Luis Carro engaden a motivación de disputar o primeiro partido no seu campo desde o 1 de marzo: «Imos con ganas de volver á Senra ante a nosa afección, de xogar diante da nosa xente; e despois de conseguir o ascenso e o pase á previa da Copa do Rei, de non podelo celebrar cos nosos, facelo cunha nova vitoria mañá -por hoxe-».