«A saudade nos poetas galegos» un século despois

O Concello de Cambados conmemorará mañá a unha das súas ilustres personalidades, Ramón Cabanillas, e o seu ingreso na Real Academia Galega

P.P.
Cambados / LA VOZ

O Concello de Cambados conmemorará mañá a unha das súas ilustres personalidades, Ramón Cabanillas, e o seu ingreso na Real Academia Galega, hai agora cen anos, concretamente o 31 de agosto de 1920.

Para render homenaxe a este histórico momento, o goberno municipal da vila do albariño organizará un acto mañá as 20.00 horas xunto ao monumento ao poeta, ubicado no paseo da Calzada. Nel estarán presentes, ademais dos representantes do Concello, o actual catedrático cambadés e membro da Real Academia Galega Francisco Fernández Rei, e o escritor Emilio Xosé Ínsua, que lerán varios discursos sobre o ingreso de Cabanillas en dita institución, analizando a importancia que supuxo para a personalidade de Cambanillas este salto cultural. Segundo fontes municipais, e co gallo de dita conmemoración, tamén se procederá a unha ofrenda floral xunto ao monumento do paseo da Calzada.

A saudade nos poetas galegos

A lectura do discurso de ingreso de Cabanillas na Real Academia Galega tivo lugar no balneario de Mondariz, un espazo moi de moda no momento, e «sendo a primeira ocasión na que se celebrara un acto fóra da sede da Real Academia Galega», explican dende o goberno municipal.

Este discurso levaba por título «A saudade nos poetas galegos», e enmarcábase nunha serie de accións en defensa da cultura galega que duraron tres días, e que, entre outras actividades, incluían unha homenaxe ao historiador e escritor Manuel Murguía. A través do seu discurso, e contestando en nome da Academia polo lexicógrafo Eladio Rodríguez, o poeta de Cambados analiza a presenza da temática da saudade na nosa tradición lírica.

Trascendencia europea

Nese momento Cabanillas contaba uns 44 anos de idade e sucedería a José Salgado Rodríguez no seu posto dentro da Real Academia Galega.

O acto foi de tal importancia, que o discurso de Cabanillas publicouse a través dunha crónica da xornalista Annette M.B. Meakin no xornal inglés The Times, un dos de maior difusión nesa época, facendo a articulista saxona especial fincapé na calidade literaria do poeta cambadés.

Posteriormente, no ano 1957 o escritor foi nomeado académico de honra a proposta de Aquilino Iglesias, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Paulino Pedret Casado ou Francisco V. Villamarín, entre moitos outros referentes das letras galegas. Tamén, uns anos antes, en 1929, Ramón Cabanillas ingresaba na Real Academia Española, cun ensaio sobre Eduardo Pondal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«A saudade nos poetas galegos» un século despois