Lucía Rey e Lucía Boullosa gañan o concurso de poesía en Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

O Concello convocou o concurso co gallo das Letras Galegas

23 may 2020 . Actualizado a las 18:57 h.

O concurso de poesía organizado pola Biblioteca de Cambados para celebrar o Día das Letras Galegas 2020 xa ten gañadores. A primeira clasificada na categoría de adultos foi Palabras, de Lucía Rey Oubiña; a segundo, Meu grande amor, de Andrea Valle Alonso, e o terceiro lugar foi para o poema A nosa lingua galega, de Óscar M. Rey.

Na categoría de menores de idade o primeiro premio foi para Tatuaxe dos meus latexos, de Lucía Boullosa Álvarez, de 16 anos, (na imaxe) e como segundo e terceiro mellores poemas foron escollidos Unha lingua de cor e Grandeza oculta, de Lucía e Marcos Boullosa, respectivamente. Nesta categoría a orde de clasificación dos poemas continúa con Non é segredo... de Marta Leiro, Vive en nós, de Ibai Otero, Palabras da terra, de Alaitz Otero, Recordarás, de Mónica Suárez e Mudar de vida, de Uxía Ameneiro. A temática do concurso era a lingua ou a literatura galega. Os poemas debían ter unha extensión mínima de 16 versos e unha extensión máxima de 32 versos. Como xurado exerceron os escritores Domingo Tabuyo e Ramón Caride.

Todos os participantes mencionados recibirán vales de compra para gastar nun establecendo de Cambados. O importe dos mesmo corresponderase coa orde dos premios outorgados, de maneira que as primeiras clasificadas recibirán vales por importe de sesenta euros, as segundas por importe de corenta euros, os terceiros trinta euros e os demais participantes mencionados vinte euros.