Fernando Pereira: «A venda de libros incrementouse un 20 %, fíxome manter as contas»

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

10 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Librería Waldina é un clásico de Vilagarcía, ou para ser precisos, de Carril. Un negocio probablemente único na súa especie, que tras o cartel de libraría, agocha unha sorte de singular ultramarino con microespazos para servizos, desde recarga de telefonía a impresión de fotocopias, avituallamento dos máis golosos, prensa, e a cultura e ocio nas súas arredor de 200 referencias literarias e un pequeno catálogo de cómics.

A Fernando Rodríguez Pereira, propietario da Libraría Waldina, a corentena pillouno ata o 1 de maio recuperándose dunha operación de cadeira. Na súa ausencia, puxo á fronte do local a súa afillada. E por ela sabe que, máis aló do «despelote» que supuxo a cantidade de fotocopias escolares e das chucherías despachadas, «despois vendeuse moito libro», arredor dun 20 % máis que de costume. Un dato que «me fixo manter o tema económico». No alto do lista de vendas, dinos Fernando, Misterio en la isla de Cortegada, de Manuel Losada.