Un goberno do BNG para o tecido produtivo

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

A portavoz e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, liderou onte o mitin que a formación nacionalista protagonizou na praza da Peixería

12 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A portavoz e candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, liderou onte o mitin que a formación nacionalista protagonizou na praza da Peixería. Xunto a Luís Bará e Montse Prado, Pontón garantiu que un goberno liderado polo Bloque terá como prioridade a recuperación do tecido produtivo do Salnés fronte a «apisoadora do PP», así como a reversión de todos os recortes en materia sanitaria.