Martín Códax, premiada pola campaña «Fillo do Atlántico»

La Voz

AROUSA

CEDIDA

O premio foi recollido polo presidente, Xoán Allegue

10 dic 2019 . Actualizado a las 09:42 h.

Bodegas Martín Códax (Cambados) foi galardoada con dous premios publicidade en galego, en prensa escrita e televisión, pola súa campaña Fillo do Atlántico, deseñada pola axencia &Rosàs. O presidente da cooperativa Xoán Allegue recibiu este luns os recoñecementos de mans da vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia, Eva Solla Fernández, e do presidente da Comisión de control da CRTVG, Aurelio Núñez Centeno.

«Con esta campaña, Bodegas Martín Códax, quixo, e quere, dar a coñecer o corazón da marca e fortalecer o seu posicionamento, para poder continuar abandeirando a gastronomía atlántica. E fixémolo contando historias reais e humanas daquelas persoas que viven e vivimos por e para o Atlántico e que compartimos co noso albariño Martín Códax a influencia e forza do mar», destacou Allegue.

En esencia, esta campaña pretende romper co código de comunicación habitual entre as marcas de viños que soen ser campañas de produto e traballar nunha imaxe de marca que destaque os valores da cooperativa cambadesa.