O Sigaltec remóntalle ao Xuven, e gaña o derbi 74-56

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

monica irago

O Meco Rafonca caeu co líder, Campus Ourense, co CLB e Dorna perdendo tamén pola súa banda na Primeira Autonómica Feminina

13 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Francamente ben pintaba o sábado o derbi arousán da Primeira Autonómica Masculina para o Xuven Cambados no inicio do terceiro cuarto, con 30-39 no marcador. Pero o conxunto vilagarcián soubo darlle a volta á tortilla, pechando o parcial un punto arriba, 48-47, para pasarlle por enriba ao cadro da vila do albariño no último acto cun 26-9 que deixou o electrónico no 74-56 final. O Meco Rafonca, pola súa banda, caeu 66-81 ante un Universitario Campus Ourense que enriquece a súa condición de líder invicto do Grupo Sur co seu cuarto triunfo.

Na Primeira Autonómica Feminina, os equipos arousáns perderon nos seus respectivos compromisos. O CLB, en Vilagarcía 55-67 ante o Fisiogal La Salle. O C.B. Dorna, 59-56 co Seis do Nadal.