Humanos en tempos escuros

r.e.

AROUSA

M.R.

A despedida do teatro viquingo abre paso á fin de semana grande en Catoira

02 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta noite, a semana de teatro viquingo despídese de Catoira. «Morte de Ulf Encantado» é o título da peza que este ano puxeron en escena medio cento de veciño da vila arousá, un texto que ofrece unha mirada renovada sobre uns tempos nos que non debía resultar tan fácil ser persoa. A obra, escrita por ...., tiña todos os ingredientes para ser un éxito: amor, lealdade, desleadade, misterio, meigas, e unhas personaxes cheas de matices. Fátima Rey, a directora da compañía Úrsula Teatro, foi quen de espremer a riqueza do texto, acadando un espectáculo que atrapa ao espectador dende o inicio, que lle deixa tomar aire durante os quince minutos de descanso, e que remata deixando un pouso estraño.

Hoxe é a derradeira representación da peza (22.30 horas) na explanada das Torres de Oeste. Pero a Romaría Viquinga non fixo nada máis que comezar. Hoxe mesmo, a partir das sete da tarde, haberá obradoiros viquingos nas torres. As sete e media, Peter Punk ofrecerá o seu espectáculo Chungo que te cagas. E ás oito e media sairá da praia fluvial un pasarrúas viquingo, claro. Xa ás nove da noite darase o primeiro pregón da Romaría, a cargo de Isabel Risco. Será, como non, nas Torres de Oeste. Ás 21.30, no mesmo recinto, haberá concerto de Jinetes del Trópico.