Repartirá nos colexios lotes cos seus libros e organizará un obradoiro
08 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Vilagarcía está a traballar nos actos cos que celebrará o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Antón Fraguas. Para contribuír a divulgar a obra e a vida deste, repartiranse nos colexios lotes da obra de Lela Edicións, «A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas», unha obra ideada para nenos a partir de cinco anos. Ademais celebrarase un obradoiro, aberto ao público, para dar a coñecer a vida e a obra deste destacado historiador e antropólogo galeguista. Este terá como destinatario ao público familiar, e será de acceso libre e gratuíto.