A portuguesa Teresa Salgueiro abre hoxe Cantos na Maré

O festival traslada ao interior do Pazo os concertos previstos na explanada exterior pola previsión de choivas


Teresa Salgueiro, ex vocalista de Madredeus e unha das grandes voces internacionais da música portuguesa, abrirá hoxe o festival Cantos na Maré cun concerto previsto para as 20.30 horas no Pazo da Cultura. Horizonte, o seu último álbum de temas orixinais, editado no 2016, será o fío condutor deste concerto inaugural, no que tamén tirará da memoria para facer un percorrido polos clásicos da música portuguesa, interpretando arranxos que fixo de temas de Amalia Rodríguez, José Afonso, Carlos Paredes o Fausto, sen esquecer algún dos que cantou durante anos con Madredeus.

Nunha recente entrevista concedida a La Voz de Galicia, Salgueiro asegurou estar moi feliz de participar neste festival, convite que lle chegou a través de Uxía Senlle, coordinadora musical de Cantos na Maré, á que coñece hai anos e acompañouna nun concerto en Tui o pasado mes de xullo.

Trala actuación de Teresa Salgueiro, polo Auditorio do Pazo da Cultura pasarán ata o domingo outros grupos e artistas, como Mercedes Peón, Chico César ou a Cesária Évora Orchestra, que alternarán con outros espectáculos e actividades programados no Teatro Principal, no Sexto Edificio do Museo, nas Ruínas de San Domingo e na zona vella da cidade.

Cambios pola choiva

A organización do festival comunicou onte que as malas previsións meteorolóxicas obrigan a celebrar no interior do Pazo as actividades de Cantos na Maré que ían ter lugar no exterior desde recinto. Ese cambio, debido ao prognóstico de choivas e fortes ventos, non ten impacto no prezo das entradas dos eventos que ían a ser celebrados fora, nos escenarios Ultramaré e Baixamaré.

Todos os eventos que estaban programados no Pazo da Cultura serán no Auditorio interior. As persoas que xa mercaran as súas entradas non teñen que facer cambio algún. Non obstante, se quixesen devolver os seus billetes, poderán xestionar a devolución a través das mesmas canles nas que mercaron as entradas.

O cambio si poderá xerar algunha pequena alteración horaria nos concertos, relacionada co encaixe de todos os espectáculos nun mesmo espazo. En todo caso, a organización asegura que os axustes de horarios serán os mínimos posibles

As entradas soltas ou abonos están á en venta Ticketea e Eventbrite.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A portuguesa Teresa Salgueiro abre hoxe Cantos na Maré