Touriñán e Blanco vólveno petar

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

19 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa ocorreu na súa última visita ao auditorio, e está a piques de suceder outra vez. Case non quedan entradas para «Somos Criminais», a montaxe na que Carlos Blanco e Touriñán alían os seus talentos para remexer os caletres do público galego. Quen se despiste facilmente quedará fóra. Son dúas sesións, o venres 5 e o sábado 6 de outubro, pero o tirón dos dous cómicos fixo que en apenas uns días só resten butacas na zona C, a máis elevada, e algún asento solitario, espallado nas áreas de mellor visión. Así que, xa saben, vaian apurando que este tren marcha. Na plataforma ticketea a partir de once euros. Non hai outra.