Os Ingleses-PRC Mareantes precede o Galicia-Baleares

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O equipo vilagarcián recibe ás tres o seu veciño na Primeira División Masculina Galega, e catro horas máis tarde o estadio de atletismo de Fontecarmoa verá a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Femininas B

02 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Dobre ración de rugbi esta tarde no campo do estadio de atletismo de Fontecarmoa. Cos Ingleses disputando o seu sétimo partido de Liga da Primeira División Masculina Galega fronte ao veciño P.R.C. Mareantes; equipo este xurdido o pasado verán da fusión dos dous conxuntos da capital pontevedresa, pero que non está a ter o rendemento agardado, penúltimo co mesmo balance de 1-5 có pechacancelas, Coreti Lalín. Un partido que arrincará ás tres da tarde para dar tempo de recuperar o terreo de xogo e os vestiarios para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Femininas B entre os combinados de Galicia e de Baleares. O choque comeza ás sete.

Polo que respecta ao duelo dos Ingleses, o seu adestrador, Ju Santorum, opinaba onte que pese á pobreza do balance na Liga do P.R.C. Mareantes, «nos lo va a poner complicado». Como xa o fixera na primeira volta, con triunfo vilagarcián por un estreito 24-27, lembra o técnico.

 

Sito volve ao Universidade Vigo

Con Uru hoxe lesionado, Os Ingleses deberán seguir pelexando polo título galego o que resta de Liga sen Sito. O pilier, unha das fichaxes estrela do equipo o pasado verán, desfai o camiño que o trouxera de volta do Universidade de Vigo, que o vén de recuperar para a D.H.B. polas súas numeras baixas na primeira liña.