O Céltiga busca o pase á final da Copa na Estrada

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O Atlético Arousana mídese pola súa conta ao Portonovo nos dezaseisavos de final da competición feminina provincial

31 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa mestura de ledicia extrema e de alivio profundo, o Céltiga xoga esta noite, desde as 21.15, a súa semifinal da Copa Deputación no campo do Estradense. Un equipo que, salientaba onte o técnico illense, Edu Charlín, gusta de xogar ao contragolpe, cun plantel veterán con moito perigo a balón parado. «Queremos redondear a tempada», declara Charlín, que di estar «moi contento pola permanencia» asegurada grazas ao ascenso o domingo do Fabril a Segunda B. «Merecémolo», defende.

Tamén hoxe, desde as 20 horas, Portonovo e Atlético Arousana mídense nos dezaseisavos de final da Copa Deputación Feminina en Baltar de Arriba.