A compañía Boabab, estrea nesta edición «Pun Pun», a súa sétima produción de teatro infantil
14 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • 17.30 horas • Obradoiro Fogares de Cartón • 18.30 horas • Brais das Hortas conta «Maleta vella, mundo novo» • Pazo da Cultura de Pontevedra •
Andrea Bayer conta cunha ampla e premiada carreira no mundo teatral. Esta actriz, narradora, directora e produtora teatral leva moitos anos, coa súa compañía Boabab, emocionando aos nenos dende o escenario. O Salón do Libro Infantil e Xuvenil é como a súa casa. Alí pasará toda esta semana contándolle contos aos escolares polas mañás e os días 28 e 29 de marzo estreará no auditorio do Pazo a nova obra Pun Pun.
-¿Que lles está contando hoxe aos nenos?
-Varios contos que teñen que ver ca temática de este ano. Leni, que trata da diversidade, O homiño de papel, que fala do amor e das cousas bonitas que hai no mundo, A rá Xoana, que é a solidariedade, a amizade, a tolerancia....
-¿Como ve o salón este ano?
-Moi bonito, como todos os anos. A temática paréceme preciosa, é moi ampla e dá moito xogo para traballar e contarlles historias marabillosas aos nenos. Ningún neno pode quedar sen vir gozar do salón. Sería imperdoable.
-Aos nenos tamén lles deu xogo polo que se ve nos traballos escolares presentados.
-Os traballos que fixeron son todos marabillosos, e gustoume que moitos deles estean relacionados coa xente maior, como o da Escola Infantil A Parda. Os maiores apórtanlles moitas cousas aos nenos, e os nenos aos maiores.
-¿Que gusta máis aos nenos, escoitar os contos ou lelos?
-Depende da idade, pero eu creo que lles gusta por igual, aínda que saiban ler ben.