O Vilalonga faise con Varo, e recupera a Aarón Trelles

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Antonio Rodríguez pasa a contar así con 19 efectivos

21 ene 2017 . Actualizado a las 13:37 h.

Antonio Fernández conta desde onte con 20 futbolistas en plantel. E iso, logo de recuperar o lesionado de longa duración Aarón Trelles, e de pechar o martes a contratación do lateral esquerdo vigués Álvaro Fernández Fernández, Varo (Vigo, 8 de xullo de 1997); irmán de Borja Fernández, co que viña compartindo adestramentos no Celta B, que non vestiario. Recuperado en outubro dunha grave lesión de xeonllo que o obrigou a pasar por quirófano, Varo tiña contrato no filial celeste, pero carecía de ficha. No Vilalonga busca os minutos precisos para relanzar a súa carreira.

 

A chegada do lateral esquerdo coincide coa volta ao equipo doutro lateral, o canteirán Aarón Trelles. No seu caso, tras recibir na mañá de onte a alta logo de doce meses no dique seco, tamén por unha lesión grave de xeonllo.

Tras as fichaxes de Manu Ramilo e de Varo, o club celeste non descarta facer unha última contratación antes do peche do mercado, o día 31.