Revenidas presenta a sus primeros artistas; La Raíz, Talco, Ruskajja y Aspencat, Itaca Band serán algunos de los grupos que actuarán el 19, 20 y 21 de agosto en Vilaxoán
01 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.19, 20 e 21 de agosto?? Vilaxoán ? Abonos a 25 ? ata o 15 de xuño?? Algúns levaban algún tempo na mente do persoal. Outros constitúen unha agradable sorpresa. O conto é que a organización revelou onte as primeiras confirmacións para os tres días de festa multicultural que, desta volta entre o 19 e o 21 de agosto, acolle Vilaxoán. Repiten nas Revenidas logo da súa descarga do verán pasado La Raíz, rock, rapeo, ska e mestizaxe que está a arrasar co seu último disco, «Entre Poetas Y Presos». Dende Italia chegan Talco, una absoluta referencia na tralla europea e na combinación de hardcore con metais. Algo no que tamén traballan os austríacos Ruskajja. Aspencat, Itaca Band dende Cataluña e unha boa achega de bandas galegas e en galego -Sonoro Maxín, Cuchufellos, Os Tres Trebóns, Malandrómeda, Falperrys- completan este avance. O logo xa o di todo. Ao mercar abonos e entradas é posible colaborar con 2 euros coas oenegués que axudan os refuxiados.