A billarda, de moda en Xil

La Voz

AROUSA

O Xerro do Salnés ponse en xogo dende ás 11.30 desta mañá

07 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Dende as 11.30 horas • A Taberna da Cancela e a Liga Nacional de Billarda son os responsables do barullo que hoxe vai reinar na parroquia de Xil. Alí celébrase unha nova edición do Xerro do Salnés de Billarda, que arranca ben cedo. Segúndo o programa, ás 11.30 da mañá, participantes e afeccionados atoparanse no local que organiza esta festa, a Taberna da Cancela. Media hora despois, para que os menos puntuais cheguen a tempo, sairá a «xira de furanchos», que dará paso a un xantar de confraternidade. Pola tarde, ás 16.30 horas, na Capela das Angustias celebraranse as probas deste peculiar competición.