«Espero que esteamos loitando por estar nos postos altos da categoría»

manuel rey carballo / la voz

AROUSA

Rubén Márquez será a principal referencia do equipo no ataque esta temporada

04 sep 2015 . Actualizado a las 13:37 h.

A marcha de Ekedi, coa Liga de Terceira División a piques de comezar, deixou tocado o proxecto do Bergantiños para a que debería ser a tempada de confirmación na categoría. Os seus nove goles levaron aos carballeses a loitar ata o final pola fase de ascenso a Segunda B. A directiva púxose a traballar e acadou a fichaxe de Rubén Márquez Barreiro (Cacheiras, 1985), un dianteiro con fortaleza física (1,88 metros) e con acerto ante o gol, con 30 tantos nas últimas tres tempadas

-¿Como van estes primeiros días no equipo?

-A acollida foi moi boa e estou moi contento de chegar ao Bergantiños. O equipo ten a base do ano pasado, con poucos cambios, e esperemos estar loitando polos postos altos da categoría, porque o club tamén o merece, por historia e pola vila de Carballo.

-¿Hai máis ambición que na temporada pasada?

-A plantilla é moi competitiva. Xa o demostrou na pasada temporada. A liga vai ser máis igualada, con máis equipos aspirando á zona alta, e creo que o Bergantiños pode dar un paso adiante.