O colexio Progreso celebrou o 17 de Maio con música e verbas

R.E. VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

17 may 2014 . Actualizado a las 14:14 h.

Para os alumnos do colexio Progreso (Catoira), as Letras Galegas son un motivo de festa. Onte, os rapaces gozaron dun amplo abano de actividades, desenvolvidas todas elas no patio do colexio. Alí sonou a música do grupo Xardín Desordenado, unha formación de Vigo que cantou para os nenos varios poemas de Xosé María Díaz Castro, o autor homenaxeado hoxe, e doutros poetas galegos. Polo demais, a xornada foi aproveitada para entregar os diplomas aos alumnos gañadores do certame literario que se celebra cada mes de maio nesta escola. E para rematar, o crítico literario Armando Requeixo deu unha lección amena e micrófono en man sobre Díaz Castro. Nenos e mestres aprenderon unha chea de cousas, seguro.