«Será un gran acontecemento»

Nino Soto PONTEVEDRA / LA VOZ

AROUSA

Rafael Louzán e a mascota da Volta, nun dos xardíns do Padroado de Turismo Rías Baixas.
Rafael Louzán e a mascota da Volta, nun dos xardíns do Padroado de Turismo Rías Baixas. mónica irago

Louzán pide a presencia do público para dar colorido ás rúas e ás estradas

18 ago 2013 . Actualizado a las 06:58 h.

Rafafel Louzán di que todos os elementos están no seu sitio para que comence a Volta Ciclista a España. Agarda que «non falle nada», e destaca que a saída da rolda española dende unha batea servirá para promocionar o mexillón galego e todas as Rías Baixas. No plano deportivo, o presidente da Deputación ten aos seus favoritos: Joaquim Rodríguez, Purito, Alejandro Valverde e Samuel Sánchez.

-¿Que importancia ten ser o punto de saída da Volta a España?

-Vilanova é o punto de referencia, pero isto abarca moito máis, incluso maís que a propia provincia de Pontevedra. É unha saída dende Galicia. Creo que fixemos unha boa aposta pola Volta para a promoción da provincia é das Rías Baixas. A só uns días do inicio da carreira, vese o traballo de meses, o traballo de máis dun ano, para chegar ata aquí. Só estamos pendentes de que sexa un éxito para a promoción de Galicia. Será un gran acontecemento. Pedimos a presenza de público. As imáxenes serán espectaculares coa presenza do público nas rúas de todas as localidades por onde pasará o pelotón nas etapas das Rías Baixas. Ogallá o público vibre nas estradas e lograremos sacar o mellor de Galicia: a súa xente o as súas paisaxes.

-O ano pasado, os organizadores da Volta quedaron abraiados coa cantidade de público que se congregou a pe das esteradas.