«Vou ter que poñerme a ensaiar os Bolechas»

Susana Luaña Louzao
susana luaña VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O debuxante arousán está disposto a asumir os retos que lle esixan os nenos

09 may 2012 . Actualizado a las 06:56 h.

Os seus fans, acostumados a seguir o seu traballo no xornal, poderán coñecelo persoalmente o sábado no obradoiro de viñetas e ilustración que se celebrará en Fexdega por mor do 25 aniversario da edición local de La Voz de Galicia. Nacho Hortas (Catoira-1954) leva case dende os seus inicios colaborando con La Voz de Arousa.

-Vostede te un humor moi particular, ¿sería quen de definilo?

-Dicía Siro López cando empecei, cando facía humor sen palabras, que era un humor absurdo e cunha liña moi fina.

-Destaca tamén na caricatura.

-Non creo que sexa un bo caricaturista, pero o clave está en coller os rasgos máis prominentes do personaxe e esaxeralos, para non facer un retrato.

-¿E cal é o personaxe máis agradecido?

-Pois eu creo que o presidente da Deputación, porque é como unha interrogación.

-¿Internet é unha ameaza ou unha oportunidade?

-Ao principio foi un bum e había quen debuxaba directamente no ordenador, pero eu son dos antigos, dos que fago o debuxo e despois o escaneo. Teño sesenta álbums de debuxos, a da edición de Arousa, sobre 3.000 viñetas, e 450 máis da sección de Economía, que xa son moitas viñetas.

-¿Que ofrecerá o sábado no obradoiro de Fexdega?

-Voulles explicar aos rapaces como se fai a viñeta, aínda que xa me temo que me van pedir debuxos animados, que non é o meu. Así que vou ter que poñerme a ensaiar os Bolechas.

-¿Conta xa con experiencia nestas lides?

-Si, na Festa da Caricatura de Ourense había colas de rapaces e maiores para que lles fixeras unha caricatura, e viñan cunha foto para que engadiras no debuxo a un personaxe máis, e rapazas que che pedían que non lles pintaras e piercing porque despois o quitaban, para que no llo viran na casa.