Contra a @

AROUSA

Écerto que ás palabras as carga o diaño. É certo, tamén, que pola boca sae moitas veces esa concepción machista do mundo que todos (xénero neutro) levamos dentro, malia que nos pese e que intentemos correxirnos. Exemplos sobran en calquera conversa que lle roubemos ao noso día a día. Pero de aí a converter un concurso de piropos nunha cuestión de machismo hai un cacho. Para empezar, porque piropear piropeamos todos (xénero neutro), e para seguir, porque o piropo, se ofende, é porque é dos malos. Acabar cos comportamentos machistas debería ser unha obsesión de toda a sociedade. E postos a facelo, hai moito por onde empezar. Consigamos, primeiro, que as mulleres e os homes se sintan igualmente implicados no coidado da casa e da familia e que elas non xoguen en desventaxa no ámbito laboral. Mentras, devolvámoslle a dignidade ao xénero neutro e gocemos dos piropos.