Cinco horas e media

AROUSA

Afirmaba o flamante senador José Luis Rivera en plena campaña que a súa presenza na Cámara alta supón unha forma máis de servir a Vilagarcía. Moi ben, pois o home xa ten unha encomenda na que traballar, ao igual que o Concello e as súas catro/cinco forzas políticas: conseguir que ese 90% ao que disque se atopa a decisión se converta nun 100% e a cidade dispoña dunha conexión directa con Madrid a través do camiño de ferro. Segundo os cálculos de Renfe, a viaxe cara a capital pode reducirse a unhas cinco horas e media, tempo que irá minguando a medida que avance a alta velocidade. Un tren para non perdelo.