26 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Non queda outra. As prazas de abastos xa non teñen o monopolio de peixe fresco, das froitas do país nin dos chourizos afumados na casa. Nos súper e nos híper hoxe atópase de todo así que van ter que empezar a competir con algo máis que cunha boa materia prima e receitarios electrónicos. Os horarios e os servizos son fundamentais porque ¿canta xente deixa de ir á praza porque traballa pola mañá? e ¿canta xente prefire o súper porque de alí sae con toda a compra feita? Os vendedores terán que pórse as pilas se non queren perder a dura carreira da competencia.