30 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Non me gustan as pedriñas dos parques de Vilagarcía. Sobre todo á noite, cando teño que abaixar o lombo e apañalas pola habitación dos nenos. Tampouco me parece unha solución demasiado hixiénica. Pero estou certo de que se lle preguntasen a eles, aos pícaros, non terían dúbida ningunha: mellor xogar entre eses divertidos garavanciños que poden coller na man, botarllos por riba aos seus compañeiros e meter nos petos. De momento os parques son para eles, non para os seus pais.