30 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Confío nos deterxentes, no poder limpiador dos novos quitamanchas e tamén na tradicional lexivia. Confío na miña lavadora, e dou grazas todos os días a quen inventou esa máquina celestial. Pero non confío no civismo dos meus veciños. Non confío nos donos dos cans que deixan que os seus animais entren nos parques infantís a facer as súas necesidades. Non confío en quen convirte a area en vertedoiro no que se poden facer achádegos sorprendentes. E como son desconfiada, prefiro o caucho.